🎶 O pasado sábado, 6 de xuño, desfrutamos do noso primeiro concerto do ano 2026!!

Concerto en Centro Cívico Cidade Vella – ( 2026-06-06 12:30 )
Ben, o concerto celebróuse no acolledor salón de actos/auditorio do Centro Cívico Cidade Vella da Coruña, e decimos que desfrutamos porque, despois de varios meses de ensaios intensos cada sábado sen faltar, xa estabamos desexosos de mostrarlle ao público en xeral, pero sobre todo a aquel público que nos segue fielmente, os avances conseguidos na interpretación, as novas obras que se foron incorporando a o noso repertorio e os novos compoñentes que sumaron o seu bo facer á orquestra. 🎻✨

Queremos aclarar que a orquestra está formada, dunha banda, por músicos veteranos con moito coñecemento e destreza cos seus instrumentos, que ensaian de 12:30 a 13:30; e, doutra banda, polos músicos que se están formando na Escola de Música Severiano Estévez, que ten as súas aulas na propia sede da asociación. Estes futuros "veteranos" teñen, por tanto, unha hora máis de "traballo", porque as clases son impartidas tamén os sábados pero máis cedo, é despois participan tamén no ensaio xeral, sempre que poidan.

Neste punto temos o orgullo de dicir que aquí a idade non importa, e tanto nos dá que sexas muller ou home.

Cal é o único requisito indispensable para entrar na escola ou na orquestra?

Que dês suxeitado o instrumento sen que che caia ao chan! 👶👴🤪


Pero aínda hai outro "compoñente" que ten máis traballo que cada un dos músicos: el é o actual profesor de música da Escola de Música Severiano Estévez, o mestre Lucas Blanco, que ten, ademais, o dobre papel de dirixir a orquestra.

Ah! E case se me esquece! Tamén o mestre Lucas Blanco ten un papel primordial tanto na selección das obras como na elaboración dos arranxos adaptados á estrutura da orquestra naquelas onde non contabamos con partitura no noso archivo.
Debo engadir, sen temor a equivocarme, que se ao público lle agrada a música que facemos, e como a facemos, é grazas case totalmente ao seu esforzo e ao seu "savoir-faire". ❤️👏👏

Xa para acabar, unha mención especial para a Xunta Directiva, que co seu esforzo e entrega nas diversas tarefas de dirección e organización son, ao fin e ao cabo, os que están facendo posible que a Asociación Musical Albéniz da Coruña sexa unha peza fundamental na preservación e, como non dicilo, na expansión de todo o que esta actividade ten que ver coa cultura e o arraigo nesta bela e amada Cidade de A Coruña.

Ben, xa abonda de lerias! Non quero que esta publicación sexa un tostón, así que vou engadir un pequeno vídeo de mostra do que fixemos o outro día. Aí vai o enlace… 👇🎥


Más entradas

Benvidos de volta!!

Temos unha boa noticia esta semana! Gracias ás xestions do director da Orquesta da Agrupación Lucas Blanco, tres compañeiros que por avatares

4 comentarios en “🎶 O pasado sábado, 6 de xuño, desfrutamos do noso primeiro concerto do ano 2026!!”

    • Gracias por tu comentario, Eugenio!!

      Quedas confirmado como primer comentarista de esta Web!! Enhorabuena!!

      Buen finde!!

      Responder
    • Gracias, Sara!! Nos alegra que te haya gustado!!

      Volveremos a repetirlo el día 27 de Junio, a la misma hora, con algunas canciones nuevas.

      Nos encantaría verte por allí! Buen finde!!

      Responder

Deixa un comentario