Estimados seguidores, anunciamos que o próximo sábado 18 de xullo daremos un novo concerto antes das vacacións de verán.🎻✨🏖️☀️🌊🏝️

Desfrutaremos dunha hora de música e comentaremos algunhas novas recentes relacionadas coa agrupación, e tamén as novas actividades que estamos a preparar para o vindeiro curso, que comezará a principios de setembro.
Se tes inquietudes musicais, vai pensando en darte de alta nalgunha das clases de instrumento que se ofrece na nosa escola de música. A nosa é unha escola aberta para calquera persoa que teña ganas de aprender a tocar unha guitarra, un laúde, unha bandurria ou un baixo acústico.
Falta moi pouco tempo para o evento, pero aínda estás a tempo!!
Detalles:
- 📍 Onde: No Centro Cívico da Cidade Vella. Pincha aquí para atopalo.
- 📅 Cando: O próximo sábado 18 de xullo.
- ⏰ Hora: Ás 12:30 do mediodía.
- 🎟️ Entrada: É de balde, ata completar o aforo máximo do local.
Haberá novidades importantes en varios aspectos da orquestra:
- Incorporación de novos compoñentes: Presentaremos novos músicos que se incorporan en esta ocasión.
- Rafa (baixo) (reincorporación depois dun grave accidente)
- Celia (baixo) (alumna do mestre Lucas)
- Xesús Garabato (laude) (regreso)
- Importante nova relacionada co noso director Lucas Blanco
- Máis sorpresas en directo: Unha experiencia renovada para todos os que nos acompañedes.
E antes de pechar esta nova, queremos engadir unha ligazón a un vídeo cun fragmento da obra “O lago dos cisnes” de P.I. Tchaikovsky (co arranxo do noso director), que foi grabado no concerto do día 6 de Xuño. Esperamos que sexa do teu agrado!
Estariamos encantados de verte no Centro Civico!
