O 27 de xuño xa está á volta da esquina! 🎶

Ola! Lembras o concerto da Agrupación do 6 de xuño?

Se non tiveches a oportunidade de asistir, aínda podes botarlle unha ollada nesta ligazón –>

Aquela agradable e soleada mañá foi só un pequeno adianto da maxia musical que estamos a crear para o resto deste ano 2026. 🎻✨

Estamos a só uns días doutro evento inesquecible. Confía en nós, non vas querer perder este!

Onde? 📍

Mesmo lugar. Podes consultar a localización exacta en pinchando aquí –>> Centro Civico Cidade Vella de A Coruña

Cando?

O 27 de xuño. Mesmo horario: 12:30 horas do mediodía.

Haberá novidades importantes en varios aspectos da orquestra:

  • Novas pezas no repertorio: Amosaremos as novas obras temos preparadas.
  • Incorporación de novos compoñentes: Presentaremos novos músicos que se incorporan en esta ocasión.
  • Máis sorpresas en directo: Unha experiencia renovada para todos os que nos acompañedes.

Antes de pechar esta nova, quero engadir unha ligazón a un vídeo cun fragmento de Sarabanda (HWV 437) de G.F. Handel (co arranxo do director mestre Lucas Blanco), que foi grabado no concerto do día 6. Esperamos que sexa do teu agrado!

O reloxo segue a correr, e o 27 de xuño chegará antes de que te dexas conta! Estariamos encantados de verte no Centro Civico!

Más entradas

Benvidos de volta!!

Temos unha boa noticia esta semana! Gracias ás xestions do director da Orquesta da Agrupación Lucas Blanco, tres compañeiros que por avatares

Deixa un comentario