Concerto da Agrupación Musical Albéniz o sábado 18 de Xullo.

Estimados seguidores, anunciamos que o próximo sábado 18 de xullo daremos un novo concerto antes das vacacións de verán.🎻✨🏖️☀️🌊🏝️

Desfrutaremos dunha hora de música e comentaremos algunhas novas recentes relacionadas coa agrupación, e tamén as novas actividades que estamos a preparar para o vindeiro curso, que comezará a principios de setembro.

Se tes inquietudes musicais, vai pensando en darte de alta nalgunha das clases de instrumento que se ofrece na nosa escola de música. A nosa é unha escola aberta para calquera persoa que teña ganas de aprender a tocar unha guitarra, un laúde, unha bandurria ou un baixo acústico.

Falta moi pouco tempo para o evento, pero aínda estás a tempo!!

Detalles:

  • 📍 Onde: No Centro Cívico da Cidade Vella. Pincha aquí para atopalo.
  • 📅 Cando: O próximo sábado 18 de xullo.
  • ⏰ Hora: Ás 12:30 do mediodía.
  • 🎟️ Entrada: É de balde, ata completar o aforo máximo do local.

Haberá novidades importantes en varios aspectos da orquestra:

  • Incorporación de novos compoñentes: Presentaremos novos músicos que se incorporan en esta ocasión.
    • Rafa (baixo) (reincorporación depois dun grave accidente)
    • Celia (baixo) (alumna do mestre Lucas)
    • Xesús Garabato (laude) (regreso)
  • Importante nova relacionada co noso director Lucas Blanco
  • Máis sorpresas en directo: Unha experiencia renovada para todos os que nos acompañedes.

E antes de pechar esta nova, queremos engadir unha ligazón a un vídeo cun fragmento da obra “O lago dos cisnes” de P.I. Tchaikovsky (co arranxo do noso director), que foi grabado no concerto do día 6 de Xuño. Esperamos que sexa do teu agrado!

Estariamos encantados de verte no Centro Civico!

Más entradas

Deixa un comentario